Test
Test
Fichas
Usuarios
Personas
Tus fichas
Recomendaciones
Explorar
Calendario
Próximos estrenos
Listas
Trailers
Programación TV
Novedades Netfli...

Tito Asorey
10
Valoracion: 10
Valoracion: 10
Valoracion: 10

Biografía
Comezou en teatro no ano 1993 da man de Ánxeles Cuña no grupo de Teatro Tarumba da Universidade Laboral de Ourense. Na súa etapa universitaria (1996-1999) vinculouse á Aula de Teatro Universitario Maricastaña, dirixida por Fernando Dacosta, coa que participou en montaxes como Hamlet, O país das últimas cousas ou Conto de Inverno. No ano 2000 integrouse no elenco estable da compañía Sarabela Teatro, coa que traballou de xeito ininterrompido ata o ano 2010, participando en todas as montaxes da compañía estreadas durante eses anos.

En 2011 pasou a formar parte do elenco da última produción de Ur Teatro, Macbeth, dirixida por Helena Pimenta. Como actor foi nomeado aos Premios María Casares no ano 2002 pola obra A conxura dos necios, galardón que conseguiu no ano 2010 pola súa interpretación n´A esmorga. No ano 2014 incorpórase ao reparto fixo da serie de televisión Serramoura, de Voz Audiovisual, emitida con pola TVG.

Paralelamente á súa experiencia como actor comeza desde o ano 2000 a súa carreira como director de escena en múltiples colectivos teatrais, como o Grupo de Teatro Tarumba, co que foi galardoado nos anos 2007, 2008 e 2010 co Premio Nacional de Teatro Novo Buero ao mellor espectáculo polas súas montaxes Remanente#1, Mort e Don Juan, que foron representadas na sé do Centro Dramático Nacional.

Desde 2007 dirixe o Grupo de Teatro Muxicas, composto por actores e actrices invidentes e videntes. No ano 2010 dirixe para a compañía Teatro de Adro, Ai Carmela! de Jose Sanchis Sinisterra. En 2013 comezou a traballar como axudante de dirección na Compañía Nacional de Teatro Clásico, nas montaxes El lindo Don Diego, de Agustín Moreto, dirixida por Carles Alfaro, La noche toledana, de Lope de Vega, dirixida por Carlos Marchena, e La cortesía de España, de Lope de Vega, dirixida por Josep María Mestres.

En 2012 acabou os seus estudos superiores de Dirección de Escena e Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e fundou canda a catro actores e actrices a compañía ilMaquinario Teatro, coa que pon en escena o espectáculo O home almofada, de Martin McDonagh, espectáculo nomeado a seis premios María Casares e cuxa versión en castelán (El hombre almohada) foi estreada en 2014 na carteleira madrileña. No ano 2014 dirixiu o segundo espectáculo desta compañía, Perplexo, de Marius Von Mayenburg, que acadou cinco premios María Casares no 2015, entre eles o de Mellor Espectáculo e Mellor Dirección. No 2017 dirixe con esta compañía o espectáculo Resaca, no que tamén participa como dramaturgo.

Exerceu de docente na aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), na aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), e en diversas asociacións culturais e centros educativos.
Mejores participaciones
8.6
Fariña
8.4
Servir y proteger
8.2
El caso Asunta
7.6
Rapa
6.7
El final del camino
9.0
Malencolía
8.6
Serramoura
7.0
Arima
6.8
¡Salta!
--
Canibalismo
Filmografía (10)
Todo
Reparto
2024
8.2
El caso Asunta
Aparece como Agente Turrientes, Aparece como Agente Turrientes (5 capítulos)
2023
6.8
¡Salta!
Aparece como Comisario
2022
7.6
Rapa
Aparece como Darío Cimadevila (6 capítulos)
2021
9.0
--
2019
7.0
Arima
Reparto
2018
8.6
Fariña
Reparto
2017
8.4
Servir y proteger
Aparece como Luis Campos (200 capítulos)
6.7
El final del camino
Aparece como Simón (8 capítulos)
2014
8.6
Serramoura
Reparto
Ver todo
2024
8.2
El caso Asunta
Aparece como Agente Turrientes, Aparece como Agente Turrientes (5 capítulos)
2023
6.8
¡Salta!
Aparece como Comisario
2022
7.6
Rapa
Aparece como Darío Cimadevila (6 capítulos)
2021
9.0
--
2019
7.0
Arima
Reparto
2018
8.6
Fariña
Reparto
2017
8.4
Servir y proteger
Aparece como Luis Campos (200 capítulos)
6.7
El final del camino
Aparece como Simón (8 capítulos)
2014
8.6
Serramoura
Reparto
Ver todo
Enviar
Vista previa
Fecha
Valoración
Votos
Afinidad
Mínimo de
50
palabras
No hay ningun comentario.
Subir desde el ordenador
Insertar desde un enlace
Buscar GIF en GIPHY
Subir GIF desde el ordenador
Insertar GIF desde un enlace